Nome completo | Manor Racing MRT |
---|---|
Bandeira coa que compite | Reino Unido |
Base en | Banbury, Oxfordshire, Reino Unido |
Xefe de Equipo | Stephen Fitzpatrick (propietario) Dave Ryan (Director de carreira) |
Director Técnico | John McQuilliam (Director técnico)[2] Nicholas Tombazis (Xefe aerodinámica) Pat Fry (Enxeñeiro consultor) |
Pilotos | 88. Rio Haryanto[3] 94. Pascal Wehrlein[4] |
Pilotos de probas | |
Chasis | MRT05 |
Motor | Mercedes PU106C Hybrid[5] |
Pneumáticos | Pirelli |
Debut | Gran Premio de Australia de 2016 |
Carreiras | 21 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | |
Posición no campionato | 11º (1 pto.) |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Manor Grand Prix Racing Limited, tamén coñecido polo nome comercial Manor Racing e competindo co nome de construtor de MRT[6] (acrónimo para Manor Racing Team), é un equipo británico de carreiras de Fórmula Un con base en Banbury, Oxfordshire, no Reino Unido, e é operado por Manor Motorsport. O equipo competiu co nome de Manor Racing por primeira vez na tempada de Fórmula Un de 2016. Inicialmente o equipo comezou a competir en 2010 baixo o nome "Virgin Racing", mais ao ano seguinte Virgin adoptou a Marussia como patrocinador do título do equipo e converteuse en "Marussia Virgin Racing", até ser totalmente rebautizado como "Marussia F1 Team" para a tempada de 2012.
O 19 de xaneiro de 2015 os administradores da Marussia anunciaron que a poxa dos seus coches e bens fora cancelada para permitir unha posíbel venda. O equipo saíu da administración concursal o 19 de febreiro de 2015, e foi restablecido como "Manor Marussia F1 Team" despois de que se garantiron novos investimentos para salvar o equipo. Marussia mantivo o seu nome de construtor durante toda a tempada de 2015, tamén adoptando unha licenza británica. O 19 de xaneiro de 2016, o equipo anunciou que fora renomeado como "Manor Racing".[7][8] A partir da tempada de 2016, a Manor usará motores Mercedes.